O Goberno municipal quixo ter hoxe un encontro co Presidente da Deputación e non foi posible. Aseguran que non teñen inconvinte en reunirse co Vice-Presidente da Deputación, pero o encontro acordado e convocado para hoxe era entre a Presidencia da Deputación e a Alcaldía de Ribadavia. Afirman que non van permitir que os proxectos reclamados para o municipio sexan bloqueados polo PP de Ribadavia con fins partidarios.
Entre os proxectos que queren poñer sobre a mesa está a reforma da Ponte da Veronza, que se rectifique o recorte nas subvencións da Galiña Azul e a MIT e a situación actual do Punto Limpo, entre outros.