Espazo Común congrega a 50 veciños para explicarlles o proxecto da rúa Ourense

A formación de Espazo Común facía unha valoración positiva da reunión que tiveron o pasado luns cos veciños da rúa Ourense. Facíano a través do seguinte comunicado:

“Preto de 50 persoas acudiron á reunión convocada por Espazo Común nun baixo da rúa Ourense para interesarse pola situación do proxecto dunha obra tan necesaria e urxente como longamente reclamada.

AVANTAR ACTIVIDADES

A pesares do frío da noite, durante máis dunha hora a meirande parte deles prantexaron as súas dúbidas e preocupacións ante a falla total de información por parte dun goberno municipal ao que agora semella que lle entrou a présa pero só para tentar á desesperada facer un anuncio antes das eleccións. Aínda que iso conleve aprobar un proxecto cheo de eivas e contradiccións.

Os diferentes tamaños de beirarrúa que oscilan entre algo máis de metro e medio nuns puntos e os nove metros noutros e o aleatorio criterio para ubicar os aparcamentos, foron algunhas das cuestións tratadas.

Os prazos para a execución tamén foron motivo de debate ante o sorprendente prazo do conventio entre o Concello e a CHMS que contempla 4 anos prorrogable noutros 4.

Un dos temas que máis preocupación xera é o dos terreos de titularidade privada que segundo o convenio vai poñer a disposición para a obra e sobre os que, a día de hoxe, non se fixo un só trámite para a súa adquisición. Este procedemento vai levar moitos meses (iso aínda exisitindo acordo cos propietarios, anos en caso contrario).

Pachi Vázquez coa axuda dun proxector e unha pantalla tentou explicar pormenorizadamente os detalles dun proxecto confuso, contraditorio e feito a correr, o que vai derivar en máis retrasos e máis perxuizos para uns veciños que xa están totalmente fartos”.