Un obradoiro de alimentación saudable e a segunda xornada do Curso de Defensa Persoal para mulleres, entre as actividades de xaneiro en O Irixo

O Concello de O Irixo comeza o primeiro mes do ano organizando varias actividades para que o frío non pare aos seus habitantes.

“Queremos que os veciños e veciñas de O Irixo poidan desfrutar de diferentes actividades ao longo de todo o ano. Este mes propoñemos un obradoiro de saúde e a segunda xornada do Curso de Defensa Personal para mulleres”, destaca a Concelleira de Servizos Socias, Sanidade, Igualdade e Atención Urxente do Concello de O Irixo, Tamara Civeira.  

AVANTAR ACTIVIDADES

O mércores 17 de xaneiro ás 13.30h no Salón Multiusos do Concello, os habitantes do municipio poderán achegarse a recibir información sobre a doazón de sangue e de órganos e a unidade móbil de doazón acudirá á Praza do Concello dende as 16.00h ata as 17.30h. Deste modo, todo aquel que estea interesado, contará coa posibilidade de resolver dúbidas e aportar á causa.

O luns 22 de xaneiro, en colaboración co Servizo de Atención Primaria do Carballiño, ofertamos un obradoiro de alimentación saudable e menú equilibrado.     

Terá lugar ás 10.00h na Casa do Concello e os participantes aprenderán a comer dunha forma saudable, aclararán tódalas súas dúbidas sobre esta temática e coñecerán pautas para comer correctamente.

“Grazas a este tipo de obradoiros podemos adquirir os coñecementos necesarios para previr moitas enfermidades e gañar en calidade de vida”, destaca Tamara Civeira.

O sábado día 27 no Pavillón Municipal, as participantes que o desexen poderán formar parte da segunda xornada do Curso de Defensa Persoal con inscrición previa no Concello. Esta iniciativa proporciona habilidades prácticas para mellorar a seguridade persoal, ensinando técnicas efectivas para defenderse e aumentando a confianza nunha mesma.

Está claro que o mes de xaneiro será moi frío en O Irixo, pero non faltarán actividades ás que unirse e novos coñecementos que adquirir.