O concello de Ribadavia comeza a reactivar as actividades culturais programadas para este mes de xullo

Este domingo remata a exposición de viñetas Luis Davila, cuxa entrada é gratuita e ademáis este venres día 3 a agrupación Musical A Limia dará un concertó ás 23:00 horas no Auditorio do Castelo. Durante todo o mes de xullo, os martes e xoves celebrarase o obradoiro de Ukelele na iglesia da Madalena; todos os mércores haberá tamén bailes latinos na Picuxa, ás 20:00 horas e con entrada de balde e o pavillón do Consello acollerá cada venres o seminario para o Empoderamento. Do día 7 ata o 27 celebrarase na Veronza un curso de iniciación ó piragüismo e tamén haberá tempo para os xogos, cunha edición de Mazmorras e Dragóns na Omix de Ribadavia.  A aposta forte de nivel nacional será a Mostra Internacional de Teatro, do 17 ó 27 de xullo, e moi relacionado con isto está o FEGATEA, con actuacións de teatro de afeccionados do 30 ó 2 de agosto. E por último, o 19 de xullo celebrarase unha concentración de motos Couston e Chopers na Alameda.