Os datos do paro en Galicia no mes de xuño dan un respiro, baixando en case 6.500 persoas, das cales máis de 500 corresponden a provincia de Ourense
6.428 personas comenzaron a traballar de novo no pasado mes de xuño en Galicia, unha cifra que deixa un 3,36% menos de paro, o maior dos descensos rexistrados en España segundo os datos do Ministerio de Seguridade Social e de Emprego. Estos datos son o resultado do levantamento do confinamento, a recuperación dalgúns ERTES e o inicio da tempada de verán.
Os datos de Ourense tamén son alentadores, aínda que quedan lonxe de acercarse ós do ano anterior. En xuño baixou o número de parados en 552 persoas. O Servizo Público de Emprego Estatal rexistra na provincia 20.162 desempregados. O regreso paulatino das actividades económicas permitiu que a maioría dos sectores recuperen traballadores, como a industria, a construcción e servizos, que teñen agora 106, 95 e 464 parados menos respectivamente.
A afiliación á Seguridade Social tamén incrementou en 923 personas, co que se stiúa por riba dos 100.000 activos. A comparativa co ano anterior segue sendo negativa, con 3.317 cotizantes menos.
Nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro os cambios son pouco significativos, cun total de 21 e 24 parados menos respectivamente.