O concello celebrará o 25N cun acto institucional o vindeiro venres

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño, neste caso, o departamento de Benestar Social e Igualdade, liderado pola concelleira Guadalupe Sobrado, presentou esta mañá a programación para o vindeiro 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. O acto institucional será o venres día 25, ás 12:00 horas, coma sempre na Casa do Concello. Terá un formato similar, contando ca participación de centros educativos e colectivos do municipio. O conservatorio tamén fará unha actuación especial nesta data.

Tamén levarán a cabo actividades complementarias nos centros educativos. Ademais, no mes de decembro celebrarase a mesa de coordinación da violencia de xénero no concello, mediante a que analizan a situación dos casos actuais e as medidas a levar a cabo. As actividades complementaranse cunha exposición.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO