A Policía Autonómica levou a cabo 73 inspeccións esta fin de semana para o control das medidas adoptadas ante a covid-19

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nestes controis identificáronse a 65 persoas e levantáronse 35 actas de infracción

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os dispositivos realizáronse en 17 municipios das catro provincias galegas co obxectivo de vixiar que se cumpran as medidas establecidas polas autoridades para facer fronte á crise sanitaria

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo esta fin de semana 73 inspeccións en 17 concellos galegos no marco do Plan de actuación específico destinado á inspección e control das medidas adoptadas polas autoridades competentes para facer fronte á crise sanitaria provocada pola covid-19. Nestes controis identificáronse a 65 persoas e levantáronse 35 actas de infracción.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos e recursos entre o 3 e o 6 de xullo a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión da enfermidade. Realizáronse 61 dispositivos nos concellos de A Coruña, Boiro, Ourense, Leiro, O Carballiño, San Amaro, Baiona, Nigrán, Portonovo, Sanxenxo, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove.

Os axentes das distintas sedes, con apoio da Xefatura de Santiago, actuaron en dispositivos en quendas de mañá, tarde e noite preferentemente para informar, disuadir controlar e, de ser necesario, propoñer sanción.

Ademais, e en coordinación coas demais forzas e corpos de seguridade, traballaron en establecementos abertos ao público, centros comerciais ou zonas de ocio nocturno para garantir que se cumpren as medidas sanitarias, como o uso de máscara, a distancia interpersoal, a hixiene, ou aforo e acondicionamento.

Por outra parte, os axentes tamén levaron a cabo comprobacións da localización nos seus domicilios das persoas afectadas polo brote da Mariña.