Caballero comprométese a “cambiar o plan da intermodal” de Ourense e a “sacar a estación de autobuses de onde a pretende incrustar Feijóo”

O candidato á presidencia da Xunta fixo este anuncio durante un acto no Xardín do Posío ante máis dun milleiro de persoas no que se superou o aforo e tiveron que quedar decenas de persoas fóra Pedro Sánchez pediu o voto para rematar co caciquismo de Galicia e recordou que 12X decidimos que resposta damos á crise: o “sálvese quen poida do PP” ou o “non deixar a ninguén atrás” do PSOE

VIDEOS e AUDIOS

VIDEO ACTO

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO Candidatos Ourense

Audio Pedro Sánchez

Audio Gonzalo Caballero

Audio Marina Ortega

Gonzalo Caballero comprometeuse hoxe en Ourense a “cambiar o plan da intermodal” da capital e a “sacar a estación de autobuses de onde a quere incrustar Feijóo”. O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, durante un acto no Xardín do Posío ante máis dun milleiro de persoas no que se superou o aforo e tiveron que quedar decenas de persoas fóra, puxo o foco sobre un dos maiores agravaios que o goberno de PP está a executar na terceira cidade de Galicia, onde Feijóo recortou o investimento na estación para rodear de dársenas un centro de saúde a afumar así a centos de persoas con máis de 300 autobuses ao día.

Os socialistas de Ourense “aplauden” o anuncio do candidato do PSOE, que xa traballa no proxecto alternativo “que a nosa cidade merece”, polo que instan a toda a veciñanza “a darlle un pulo positivo ao proxecto da estación facendo presidente a Caballero o 12 de xullo”. Desde o PSdeG denuncian que a Xunta quere impor un “pendello electoralista” que prexudicará a veciños, fronte a unha alternativa útil e moderna da que nin quixeron falar. “O PP non só vende fume, xa que agora trae fume para deixalo xunto a un centro de saúde” cun proxecto pésimo que “hipoteca o futuro da cidade”. “É a peor solución para Ourense pero a mellor para o PP e o PSOE vai arranxar esta desfeita”, insisten. Acabar co caciquismo Caballero tamén asegurou que temos que loitar “por unha Galicia de progreso na que os galegos e galegas queremos vivir en progreso”. “Non nos resignamos á dereita e ao caciquismo de Baltar, de Feijóo e de todo o PP”, advertiu durante a súa intervención na provincia ourensá que leva décadas sufrindo o baltarismo.

“A política de Ourense é a política do esperpento de Feijóo, do caciquismo de Baltar e do alcalde letal que Feijóo puxo tras perder as eleccións”, sinalou antes www.psdegpsoeourense.es Tel. 988370386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense @PSdeGdeOurense de recordar que “os socialistas estamos orgullosos dos nosos alcaldes” fronte a un Feijóo “que esconde as siglas e tampouco amosa os seus alcaldes”. O candidato tamén pediu o voto para o PSdeG-PSOE para “facer de muro de contención, tamén en Galicia, fronte á dereita e á ultradereita” e alertou da “presenza masiva” de referentes da ultradereita nestes días na nosa comunidade, onde “veñen para xogar porque queren entrar no Parlamento”. No acto no Xardín do Posío tamén participou o secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez; a candidata número 1 ao parlamento galego por Ourense, Marina Ortega; e o secretario provincial, Rafa Villarino. Sánchez dixo que o próximo 12 de xullo en Galicia xogámonos “que resposta damos á crise”.

“A do PP sabémola e sufrímola; a súa fórmula para responder ás crises é sálvese quen poida e, fronte a iso, está a posición dun goberno firme cunha clara vontade de non deixar a ninguén atrás”, resaltou. “Ou o sálvese quen poida ou non deixar a ninguén atrás, ou o Partido Popular ou o Partido Socialista” incidiu, e “para que ninguén quede atrás en Galicia necesitamos gobernos comprometidos en Madrid e en Santiago, por iso hai que votar a Gonzalo Caballero como presidente da Xunta”. O presidente insistiu na necesidade do cambio ante un PP que xoga co futuro de Galicia: “O Partido Popular o que fixo foi, en lugar de sumar, crispar; en lugar de seguir a senda que demanda a cidadanía española de estar unidos, seguiu o camiño que lle marcaba a ultradereita de confrontar e dividir”. Pola súa banda, a número un pola provincia ao Parlamento de Galicia, Marina Ortega, agradeceu a “serenidade” do presidente do Goberno fronte á “crispación de outros”.

“Chegou o momento porque son as eleccións máis importantes da última década”, proclamou antes de cualificar como “indigno” que o presidente da Xunta “se apropie de logros que son de todos e todas”. Ortega comprometeuse a traballar para mellorar o sistema de protección social para os maiores “aos que temos que devolver á dignidade” logo destes anos de “desleixo coas políticas lesivas de Feijóo”. “No hai nada imposible, que non vos coman a moral” porque “se nos mobilizamos o 12 de xullo temos un presidente socialista”, concluíu. Rafa Villarino, secretario provincial do PSdeG-PSOE, abriu o acto presentando aos asistentes e recordando o histórico papel de Ourense no socialismo a través dos pais de Pablo Iglesias Posse. Así mesmo avanzou que Gonzalo Caballero será o presidente da Xunta de xeito “inminente” e que o goberno socialista galego traerá “o progreso” a esta provincia.