O Concello de Ribadavia, dentro das labores de limpeza que están a acometer, convida ós veciños a colaborar

o Concello de Ribadavia, dentro das labores de limpeza que están a acometer, convida ós veciños a colaborar con consellos para depositar o lixo de forma eficaz

Publicidade

Operarios municipais e o servizo de bombeiros colaboran nas labores de limpeza e desinfección das rúas de Ribadavia e da súa contorna. Dende a administración amosarono esforzo que se está a facer para manter os espazos limpos de forma diaria.

Ademáis, fixeron un chamamento á cidadanía dando algúns consellos para facilitar a recollida de lixo e evitar que os residuos queden nas rúas ata a súa limpeza. Entre eles, destacan que cos enseres voluminosos, a formade actuarr sería notificar o desexo de desfacerse deles ó Concello, xa que o servizo de recollida diaria nonse ocupa deles, se non un servizo espacial do punto limpo. Recomendan que nos casos nos que o contedor de lixo próximo á vivenda esté cheo se busque un colocado a poucos metros que seguramente esté valeiro, evitando deixa o lixo ocupando a beirarrúa.

As respostas dos cidadáns a esta publicación nas redes do Concello foi variada. Algúns reclaman máis contedores do lixo en zonas específicas, outros recoñecen a falta de civismo cidadán e outros aseguran que estas labores só corresponden a campaña política de cara ás eleccións autonómicas.