Un cento de xogadores de tódalas idades participaron no “I Torneo San Cibrao de Xadrez” no Parque Municipal

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A pista central do Parque Municipal do Carballiño reuníu na tarde de onte a un cento de persoas no “I Torneo San Cibrao de Xadrez’, organizado pola Concellería de Deportes coa colaboración de Xadrez no Rural e o Club Xadrez Ourense. O propio edil de Deportes e alcalde en funcións, José Castro-Gil, foi un dos inscritos no campionato que se animou a facer movementos sobre o taboleiro.

Unha contorna que o profesor da Escola Municipal de Xadrez, Luis Fernández, cualificou de “ideal”, xa que a numerosa cativada participante desfrutou dun espazo de lecer no que alternaron as roldas de partidas con xogos, entre as 16,00 e as 20,00 horas.

Unha competición totalmente aberta con diferentes niveis competitivos, establecéndose unha categoría de xogadores por debaixo dos 12 anos e outra para maiores desa idade. Ademais dos trofeos para os tres primeiros de cada unha delas, a organización tamén sorteou balóns de fútbol, xogos de pezas de madeira e un xamón.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------