O Marcos Valcárcel acolle ata o 25 de xuño a exposición “Escoitar cos ollos. Arte e Loucura”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta tarde a inauguración da exposición “Escoitar cos ollos. Arte e Loucura”, unha mostra na que se fai un percorrido polos traballos artísticos realizados como terapia psiquiátrica dende os anos 60, primeiro en Toén e, actualmente, no Hospital de Piñor. 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta exposición, impulsada polo Centro Cultural Marcos Valcárcel en colaboración co servizo de psiquiatría da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras do Sergas, está comisariada por Marta García e estará aberta ata o vindeiro 25 de xuño.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou na inauguración da mostra acompañado polo presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; a xefa do servizo de Psiquiatría de Piñor, María Jesús Gómez; a comisaria da exposición e o director do centro cultural, Francisco González. 

O proxecto rende homenaxe a labor realizada no hospital de Toén cos enfermos psiquiátricos e recolle traballos elaborados polos propios doentes, tanto nos seus obradoiros como no propio servizo de psiquiatría.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------