Galicia reprograma a vacinación ó non recibir ningunha dose de Pfizer

A Xunta de Galicia vese obrigada a reprogramar a vacinación desta semana despois de que o goberno central lle informase de que só recibiría a metade das doses de Moderna comprometidas e ningún dos frascos de Pzifer que anunciara o primeiro ministro.

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, quedou decepcionado ao comprobar estes anuncios. Galicia é unha das comunidades que máis e mellor vacinou e terá, neste mes de agosto, menos doses das que tiña en xuño e xullo. Nesta situación non se poderán administrar esas primeiras doses, xa que se debe garantir as segundas, que xa corresponden polo tempo.

AVANTAR ACTIVIDADES