A capital do Ribeiro rendeu homenaxe á súa patrona a Virxe do Portal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia viveu onte a xornada central das súas festas da Virxe do Portal, patrona da comarca do Ribeiro, cunha serie de actos litúrxicos e musicais, ponendo fin así a toda unha programación ideada pola área de Cultura do Concello.

A xornada comezou pola mañá coa procesión da Virxe dende a igrexa parroquial de Santo Domingo polas rúas do casco histórico da vila e sobre a alfombra froral elaborada pola Asociación de Mulleres Rurais, na que destacaba o escudo oficial do Concello de Avión, ao que este ano lle correspondeu a honra da ofrenda á patrona, seguindo a quenda dos municipios da comarca.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dora García, da asociación de mulleres, contounos cal é o proceso de elaboración da alfombra:

Sería precisamente o alcalde de Avión, Antonio Montero, o encargado de dar lectura á ofrenda na misa solemne que segueu á procesión, e que foi oficiada polo cardenal Carlos Osoro, arecebispo emérito de Madrid.

Montero pregou á Virxe pola veciñanza do Ribeiro.