Manuel Pardo pon en valor o compromiso  da Xunta a prol do emprendemento a través dunha nova convocatoria do Bono Nova Oportunidade

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial visitou en Allariz a unha das beneficiarias da anterior convocatoria desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

  • O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito (1,5M€), para apoiar ás  persoas autónomas que cesaron a súa actividade e decidan emprender un novo negocio
  • O representante autonómico destacou que na convocatoria do ano 2025, a  Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, destinou en Ourense 147.000 euros ao abeiro destas achegas
  • O Bono Nova Oportunidade está incluído nunha orde única da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para persoas traballadoras autónomas, dotada con preto de 41 M€

Ourense, 06 de maio de 2026.- O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Allariz para, acompañado da súa alcaldesa,  Cristina Cid, visitar a un dos 19 beneficiarios da orde do ano anterior do Bono Nova Oportunidade, na que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou 147.000 euros na provincia de Ourense, para apoiar ás  persoas autónomas que cesaron a súa actividade e decidan emprender un novo negocio. Neste caso, foi Yolanda Martínez, xerente dun salón de peiteado, quen recibiu unha axuda de 8.000 euros.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Durante a visita, o delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto unha nova convocatoria deste programa ata o vindeiro 30 de setembro ou ata esgotamento de crédito (1,5 M€), co obxectivo de facilitar a volta á actividade económica de emprendedores que, por diversas causas, tiveron que cesar na súa actividade, pero queren volver emprender un negocio e poñer en valor a experiencia adquirida.

O representante do Goberno galego explicou que para beneficiarse desta iniciativa, integrada na convocatoria unificada para persoas traballadoras autónomas e dotada con preto de 41 M€, as persoas interesadas terán que estar inscritas como persoa demandante de emprego sen ocupación efectiva no momento da alta como persoa autónoma, ter cotizado anteriormente polo menos 3 meses ininterrompidos por conta propia, ter domicilio fiscal en Galicia con anterioridade da nova alta e desenvolver a súa actividade profesional na comunidade, entre outros requisitos. Ademais, deberán ter pasado un mínimo de 6 meses entre a nova alta e a anterior baixa.

Tamén concretou que o importe das axudas é de 7.500 euros, que poden incrementarse con 500 euros máis se a beneficiaria é unha muller, para apoiar a posta en marcha do novo negocio sen estar condicionadas a custos concretos.

Convocatoria do 2026

Manuel Pardo puxo en valor o esforzo da Xunta no apoio ao colectivo autónomo, cun investimento total de preto de 42 millóns de euros para o ano 2026. A maior parte dos recursos destínanse a unha orde única, con máis de 40,7 millóns de euros, que unifica cinco programas co obxectivo de axilizar a tramitación e dar resposta ás distintas fases do emprendemento, desde o inicio da actividade ata o reforzo da súa continuidade, entre as que se inclúe a promoción do emprego autonómo.

Esta orde estrutúrase arredor de cinco grandes programas de axuda: a promoción do emprego autónomo e a cota cero, orientadas a apoiar o inicio da actividade e o mantemento do emprego; o Bono das persoas traballadoras autónomas, centrado na consolidación de proxectos empresariais; o Bono Remuda, dirixido a facilitar o relevo xeracional e a transmisión de negocios; o Bono Nova Oportunidade, pensado para persoas que retoman a actividade por conta propia; e o programa de conciliación, que busca favorecer o equilibrio entre a vida laboral e familiar.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------