Maside recibe dúas subvencións para a reforma do centro de saúde

O concello de Maside conseguiu dúas axudas para a reforma integral do centro de saúde. Vicepresidencia Primeira e o Departamento de Presidencia, Xustiza e Turismo concedeulles unha axuda de máis de 30.000 euros para a reparación da cuberta deste edificio no que abundan as filtracións de auga e humidade.

Por outra banda, un segundo proxecto abordará unha renovación completa do interior do edificio, que suporá un investimento similar ao previsto para a cuberta. Neste caso, é o Servizo Galego de Saúde o que achega 24.199 euros para executar as obras.

AVANTAR ACTIVIDADES

O proxecto, segundo o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, contempla a adaptación dos aseos para persoas con mobilidade reducida; a substitución da carpintería de aluminio nas fiestras por outras por un sistema illante, o que tamén contribuirá ao aforro enerxético.