O programa Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia atendeu a máis de 50.000 persoas maiores, que recibiron atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria nas oito unidades móbiles deste servizo que recorre todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades.
O concelleiro destacou a importancia de Coidados porta a porta para achegar servizos de proximidade e de calidade ás persoas maiores. En Ribeira esta é a terceira parada que realiza o programa, e nas súas anteriores un total de 150 veciños beneficiáronse deste servizo. O horario de atención é de nove da mañá a oito da tarde e as persoas que desexen asistir só teñen que pedir cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou no seguinte enderezo electrónico coidadosportaaporta .politicasocial@xunta. gal
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García garantiu o compromiso do Executivo autonómico coas persoas maiores.