As familias do Carballiño non teñen aínda formulas de conciliación e desfrute dos seus cativos en pleno verán.

Aínda non se comezou o campamento de verán urbano e nin se abriron os parques infantís.

Cando se pode ver como a totalidade de Concellos do entorno do Carballiño, de moita menos poboación, xa contan con campamentos de verán para os mais cativos, resulta que a vila do Carballiño non foi quen de ter xa organizado o seu, polo que as familias con cativos, que contaban con este servizo para poder conciliar en época estival están desesperadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A esto temos que engadirlle que non se poden utilizar aínda os parques infantís pois dende o Concello non foron capaces de organizar por medio dun protocolo a apertura dos mesmos, cando a inmensa maioría dos concellos xa que teñen abertos este tipo de instalacións con medidas preventivas da COVID19.

O Concello do Carballiño, unha vez máis está quedando en evidencia ante os seus propios veciños/as e como non, cada vez é máis claro que cando se trara de organizar servicios necesarios para a veciñanza soamente son capaces de facelo naqueles que teñen externalizados, e como exemplo claro decimos que temos piscina aberta grazas a que a súa xestión é por medio de empresa privada, e claramente podemos ver que non sucede o mesmo nin cos columpios nin cos campamentos.

Dende o Grupo Popular, esiximos que o Goberno municipal se poña a traballar no que lle importa as persoas, e xa que non son capaces de antepoñerse ás necesidades da veciñanza, como sería o lóxico, o fagan polo menos agora, xa que é un reclamo en moitas familías e da totalidade de cativos. Polo que pedimos APERTURA DE PARQUES INFANTÍS E CAMPAMENTOS DE VERÁN, XA.