O concello de Cenlle executará obras en camiños agrícolas e de saneamento

A Xunta de Goberno Local de Cenlle aprobou a execución do proxecto das obras de “Humanización da Travesía de Trasariz”, cun orzamento de 170.926,72 €. Neste proxecto contarán ca colaboración económica da Xunta de Galicia, que unha vez feitas as obras, cederá a titularidade da travesía ó concello. Tamén se aprobou a execución das obras de reforma interior da casa consistorial, cun orzamento de preto de 35.000 euros.

Tamén se aprobou, para a súa execución neste ano 2021, proxectos de humanización referidos a áreas rurais, coma a renovación da rede de saneamento en Pazos Ermos; a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e a humanización da praza do núcleo de Laias. Cada un deles contará cun orzamento de 40.000 euros, salvo o último deles, que ascende a 48.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES