Dar Trela estrea esta fin de semana obra de creación propia “Cabaret”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A compañía de teatro carballiñesa Dar Trela presentou esta mañá no concello a súa nova obra de creación propia. Trátase de “Cabaret”, unha peza que se estreará esta fin de semana no auditorio Manuel María.

Un dos protagonistas, Darío Rodríguez, recordou que é a segunda gran montaxe do grupo. A primeira delas foi ao comezo da súa andadura e que paralizou o seu traballo coa pandemia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A pesar de que non quixeron desvelar as sorpresas da obra, contaron que a peza estará formada por pequenas partes de cada un deles, con risa e tamén reivindicacións.

As dúas obras estrearanse esta fin de semana no auditorio Manuel María. Fixeron unha invitación a desfrutar do teatro a todos. Recalcan que recomendan a un público maior de 13 anos.