A iniciativa solidaria “Pedaleando por el Párkinson” chega a Ourense

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A iniciativa solidaria “Pedalear por el Párkinson – Young Parkies Portugal” chegou hoxe a Ourense. Os encargos de recibilos, no Liceo, foron o presidente do Inorde en funcións, Rosendo Fernández; e a xerente do Inorde, Emma González, que estiveron acompañados por membros da Asociación Ourensá de Esclerosis Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AOEDEMPER), Socorro Fernández, Manuel de Santos Cid e Enrique Pereira. A comitiva que hoxe chegaba á cidade das Burgas estivo encabezada por Filipe Gaivão e José Carlos Marques, de Young Parkies Portugal.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta iniciativa, que conta coa colaboración do Inorde, está promovida por Filipe Gaivão, quen trala pandemia decidiu embarcarse de novo na súa bicicleta para dar visibilidade a diferentes causas humanitarias como o leva a facer desde o ano 2014. Nesta ocasión, decidiu organizar unha viaxe desde Londres a Lisboa, en apoio a Young Parkies Portugal, con paradas en diferentes cidades, para amosar o seu apoio a este enfermidade.

A viaxe comezou en Londres porque o farmacéutico inglés James Parkinson, foi o primeiro en describir a “parálise temblorosa”, no seu ensaio de 1817, unha afección que máis tarde pasou a chamarse Párkinson. Por elo, desprazáronse ata Londres para emprender esta viaxe ata Lisboa pasando por varias asociacións que apoian a enfermidade en Inglaterra, Francia, España e Portugal. Mañá emprenderán unha nova etapa desta viaxe desde Ourense a Vila Nova de Cerveira, e está previsto que cheguen a Lisboa o día 20 de xullo, despois de realizar 2.250 km en 17 días. A chegada que será retransmitida en directo nun programa de televisión de TVI.

O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa progresiva que se caracteriza por síntomas motores (coñecidos colectivamente como parkinsonismo) e síntomas non motores como trastorno do sono, depresión, hipotensión arterial… entre outros. Os síntomas varían en cada persoa, pero o párkinson é a enfermidade dexenerativa que máis aumentou nas últimas dúas décadas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------