O PP de Ourense estuda acudir á vía xudicial para que se investigue a posible comisión dun delito por parte do alcalde

O Partido Popular de Ourense estuda acudir á vía xudicial para que se investigue a posible comisión dun delito por parte do alcalde, Gonzálo Pérez Jacome, tras coñecerse o contido dun audio feito público hoxe polo diario A Rexión, no que insta a dous funcionarios do Concello a asumir unha multa de tráfico imposta en Vigo ao coche oficial do rexedor por exceso de velocidade.

· Os servizos xurídicos do PP ourensán analizan xa o caso en base a feitos similares presentados ante a Xustiza, así como a xurisprudencia do Tribunal Supremo na que se considera que identificar falsamente a un condutor por unha infracción de tráfico podería ser considerado como un delito de falsidade documental.

AVANTAR ACTIVIDADES

· A tenor do contido do audio, tentar suplantar a identidade do condutor dun vehículo enganando á Dirección Xeral de Tráfico, e á sociedade no seu conxunto, “non só é un feito gravísimo, senón que tamén contribúe excesivamente á deterioración continuada da imaxe da nosa cidade”.

· Os feitos coñecidos hoxe constitúen unha nova proba do “dano irreparable” que este alcalde está a provocar á capital, situándoa continuamente no foco da actualidade nacional como “unha cidade onde reina a anomalía política e sucédense os espectáculos políticos denigrantes”.