Dende mañá, quedan prohibidas as queimas agrícolas particulares

A partires das 00,00 horas deste sábado, 29 de maio, e ata novo aviso, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos.

Esta decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica con altas temperaturas previstas para os próximos días.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria no teléfono gratuíto 085.