O director Ángel de la Cruz e o actor Luis Zahera gravan hoxe no Carballiño o programa “sen código postal” para a tvg

O director de cine Ángel de la Cruz, e o actor Luis Zahera gravan hoxe en diversos lugares do Carballiño o programa “Sen código postal” para a TVG.

O programa, no que interveñen diversos personaxes do Carballiño, así como numerosos veciños e veciñas, realízase en varios emprazamentos, como a Praza Maior, a rúa do Paseo e o templo da Veracruz, entre outros.

Ángel de la Cruz, que posee un premio Goya, recibiu hai dous anos o galardón da Xociviga de Honra, no Festival de cine do Carballiño.

Publicidade Premer na Imaxe

Este programa é o terceiro que se grava no Carballiño para a TVG no último mes, polo que a vila carballiñesa está a ser protagonista na programación de verán da canle autonómica.