Manuel Baltar: “Preséntome para conseguir dentro de 614 días o mellor resultado histórico en Ourense e Galicia nunhas municipais”

Manuel Baltar, candidato á reelección da presidencia do Partido Popular de Ourense

Publicidade

“O día 26 temos unha cita transcendental porque en democracia se chega ás institucións a través dos partidos, e o día 27 levantarémonos pensando que podemos facer por Ourense, co aval da experiencia, acreditando a nosa xestión no goberno provincial e deseñando xa as 92 candidaturas, máis a entidade local Menor de Berán e da propia Deputación para seguir tendo, como así ocorre elección tras elección, a confianza abrumadora da veciñanza”, explicou Baltar

·      Anunciou que neste novo paso estará acompañado por un comité executivo -que dará a coñecer o próximo sábado- que se renovarán o 40 % dos seus membros, pero mantendo a maioría feminina na súa representación

“A miña candidatura á reelección da presidencia do Partido Popular non é unha meta, senón o principio dun novo partido á cuxa dirección me presento unha vez máis para conseguir, dentro de 614 días, o mellor resultado histórico en Ourense e Galicia nunhas leccións municipais”. Manuel Baltar, nunha comparecencia ante os medios de comunicación celebrada esta mañá, definiu así o reto ao que se enfronta como candidato “da organización política máis importante da historia de Ourense, que quere lanzar á veciñanza unha mensaxe de unidade, estabilidade  proxecto”.

Despois de 11 anos e 8 meses na presidencia do PP ourensán, Manuel Baltar asegurou ter “máis ganas, máis ilusión e máis forza” para dar este novo paso, no que estará acompañado por un comité executivo -que dará a coñecer o próximo sábado- que se renovará ao 40 % e mantendo a maioría feminina na súa representación.

“O día 26 temos unha cita transcendental porque en democracia se chega ás institucións a través dos partidos, e o día 27 levantarémonos pensando, como sempre o fixemos, o que podemos facer por Ourense, co aval da experiencia, acreditando a nosa xestión no goberno provincial con todos os logros conseguidos neste tempo, e deseñando xa as 92 candidaturas, máis a entidade local Menor de Berán e da propia Deputación para seguir tendo, como así ocorre elección tras elección, a confianza abrumadora da veciñanza”, explicou Baltar.

No seu percorrido por todas as comarcas da provincia para reunirse con máis de 500 compromisarias e compromisarios, “non só tiven a oportunidade de falar do meu decálogo de propostas, senón tamén da organización política do PP ourensán e o seu funcionamento, con 92 xuntas locais en campaña permanente, coa maior porcentaxe de afiliación de toda España e cunha tarxeta de resultados que di que obtivemos os mellores datos de calquera provincia galega nunhas eleccións autonómicas, xerais e europeas”.

Para Manuel Baltar “o primeiro é o territorio e logo estás as siglas, e esa é a filosofía que manteño e que puiden observar nas conversas que tiven con grandes defensores de Ourense, como Eulogio Gómez Franqueira, José Luis Baltar, Victorino Núñez, Tomás Pérez Vidal e David Ferrer Garrido”.

REFERENCIA EN GALICIA, ESPAÑA E POSICIONAMENTO EN EUROPA.

O 18º Congreso Provincial do PP de Ourense “vai ser un referente en toda Galicia e España”, engadiu o candidato, subliñando que “grazas a todo este apoio político e o constante compromiso con Ourense teño a honra de facer o meu traballo á fronte da Deputación, pero situando posicionando tamén á provincia en Europa” liderando entidades como Partenalia (Rede Europea de gobernos provinciais) onde se defenden os intereses dos gobernos provinciais fronte la Unión Europea; o Foro termal do Eixo atlántico; a presidencia da Europan Historic Thermal Towns Association, integrada por 51 sitios termais de 18 nacións; a vicepresidencia da Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios; a vicepresidencia da Federación Nacional de Municipios con Embalses e Centrais Hidroeléctricas (FEMEMBALSES); a presenza na xunta directiva da FEMP e na comisión executiva da Fundación Democracia e Goberno Local.