Nota do BNG do Ribeiro

O alcalde de Cortegada reparte a un tempo panfletos anónimos sobre a seguridade sanitaria e papeletas do PP

Publicidade

O alcalde de Cortegada está a repartir este panfleto anónimo casa por casa, xunto coas papeletas do Partido Popular. Unhas fotocopias sen anagrama ningún nas que se pretende garantir seguridade sen que ninguén se faga responsable do que está escrito e no medio da tremenda pandemia que atravesamos. Unha chafallada e unha auténtica irresponsabilidade.

Á altura do 2020 merecemos outra clase de gobernantes e non o caciquismo rancio que destila este tipo de actitudes impresentables á altura de 2020. Por moito que se empeñen en enganar, o panfleto de Cortegada é a realidade da praxe política do PP, a da trapallada e a manipulación, aquela coa que pretende manter o poder a toda costa.
Claro que o domingo temos que ir votar masivamente, temos que facer desta política o pasado rancio que é para abrir paso a un futuro digno para a nosa xente.
Que non nos falten máis ao respecto e á intelixencia, mobilicémonos o 12 de xullo polo cambio galego!