O trofeo ‘Vila do Carballiño’ de patinaxe artística chega á súa sétima edición con máis de 200 patinadoras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A cita, que conta con patrocinio da firma carballiñesa Oreco-Balgón, celébrase no pavillón anexo do polideportivo Paco Chao do Carballiño ao longo de toda a fin de semana vindeira. O que un día naceu como un evento para espallar a patinaxe, cumple esta fin de semana sete edicións, xa que dende 2017, só faltou á súa cita anual no 2020 por mor da pandemia do coronavirus, se ben a actividade xa se recuperou no ano seguinte e dende entón revalida a súa cita anual no mes de novembro. Trátase do trofeo ‘Vila do Carballiño’ de patinaxe artística na modalidade de libre, un evento no que participarán máis de 200 patinadoras e patinadoras de 18 clubes de tres das catro provincias galegas (nesta ocasión falta Lugo) e que organiza o Club Aehde do Carballiño.
O evento arrancará o vindeiro sábado, día 16, ás 10,00 horas e rematará ao fío das 19,30 horas do domingo, día 17. Ao longo deste tempo iranse sucedendo as competicións na categorías de niveis e amador e contará con xuíces da Federación Galega de Patinaxe para xulgar as diferentes coreografías. O trofeo ‘Vila do Carballiño’ conta co patrocinio da empresa constructora Oreco-Balgón e coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello do Carballiño.