O Psdeg-Psoe rematará “inmediatamente” o enlace do polígono de san cibrao coa a-52 que feijóo “deixou a medio facer tras tres lexislaturas perdidas na xunta”

O secretario provincial, Rafa Villarino; o deputado, Adolfo Pérez Abellás; e as candidatas, Marina Ortega, Carmen Rodríguez Dacosta e Bibiana Iglesias reuníronse coa asociación empresarial do polígono O presidente dos empresarios, José Antonio Rodríguez, trasladou as principais demandas do colectivo como a mellora das infraestruturas do maior polígono de Ourense ou a estación de mercadorías Ourense,

O PSdeG-PSOE comprometeuse hoxe cos empresarios do polígono industrial de San Cibrao das Viñas a rematar “inmediatamente” o enlace coa autovía A-52 que “Feijóo deixou a medio facer”, tras “tres lexislaturas perdidas” con maioría absoluta. Durante un encontro coa directiva da asociación empresarial na que participaron o secretario provincial, Rafa Villarino; o deputado no Congreso, Adolfo Pérez Abellás; e as candidatas ao Parlamento de Galicia, Marina Ortega, Carmen Rodríguez Dacosta e Bibiana Iglesias, tamén detallaron o seu interese por outras obras sen executar que son moi necesarias para impulsar a economía ourensá como a estación de mercadorías ou o transporte metropolitano.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas consideran “un dos maiores agravios de Galicia” que esta área industrial ─un dos maiores e dos máis antigos polígonos da comunidade─ non conte cun acceso de alta capacidade, mentres o resto de grandes parques industriais galegos si contan con ela.

Por iso confirmaron que, en canto Gonzalo Caballero sexa o presidente da Xunta, finalizarán “inmediatamente” a conexión coa autovía das Rías Baixas, construíndo os tramos pendentes e transformando esta estrada convencional nunha vía de alta capacidade. “É unha losa moi pesada para a economía ourensá que, tras 11 anos de Feijóo e máis de tres décadas de gobernos do PP, este gran polígono aínda permaneza illado da rede de alta capacidade do Estado e, polo tanto, do resto de Europa”, denuncian.

Tamén destacaron a importancia do compromiso adquirido onte polo ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, e polo candidato á presidencia, Gonzalo Caballero, para mudar o actual proxecto da estación intermodal da capital ourensá, aprobando un novo deseño realmente intermodal e integrado na contorna, o que permitirá sacar as mercadorías do barrio da Ponte e impulsar así a nova terminal para este tipo de tráficos na www.psdegpsoeourense.es Tel. 988370386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense @PSdeGdeOurense zona industrial, unha obra que reclaman os empresarios de San Cibrao desde hai lustros.

Igualmente salientaron as “trabas da Xunta” de Feijóo para a posta en marcha do servizo de transporte metropolitano da terceira cidade de Galicia, onde “Ourense volve ser a gran discriminada tras case tres lustros de promesas pero sen servizos mancomundos para toda a área metropolitana”.

Tamén comprometeron a creación dun tranvía polo actual corredor ferroviario convencional, cando se execute o novo tramo da liña de alta velocidade entre Taboadela e a estación Ourense-Empalme, un proxecto que deseñou o goberno bipartito progresista que rexeu a cidade entre 2007 e 2015. Durante o encontro, os cargos do PSdeG tamén advertiron da importancia de mellorar o sistema de reparto dos fondos, subvencións e contratos públicos da Deputación ourensá, a que cualificaron como “a administración de España que máis contratos menores adxudica a dedo” entre as mesmas empresas, “o que prexudica ao resto de empresas da provincia”, xa que “a igualdade e a equidade no acceso a estes contratos, subvencións e na distribución dos fondos entre os municipios e as empresas debe ser a mesma para todos”.

Os socialistas insistiron ante a directiva da asociación de empresarios ─que tamén detallou as súas principais demandas e inquedanzas─ o “proxecto de país” que o PSOE quere impulsar desde a Xunta, co fin de “renovar e mellorar a economía ourensá” e “para deixar de quedarnos atrás con respecto ao resto de Galicia e de España”.