Historia da canción ” A Rianxeira “

O periodista Iñaki Gabilondo relata esta historia sobre a famosa ” A Rianxeira “. Conta como Angel Romero fillo do autor da Rianxeira tiña a grabación orixinal da canción feita en 1950 en Bos Aires, pero que nunca a pudo escoitar. Nos estudios da Cadena Ser pudo por fin, emocionado a creación do seu pai.

Publicidade

Información dispoñible na Wikipedia Galega:

Foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a música, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado (“Pinciñas”), compositor da letra. Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires.

O texto orixinal ten a súa orixe en diversas variantes de cantos tradicionais de acompañamento ás procesións de adoración á Virxe de Guadalupe (patroa de Rianxo) do século XIX, que se realizan na vila de Rianxo, sendo o seu xentilicio feminino o que bautiza ao himno. Nun principio chamárona “Ondiñas da nosa ría“.

O primeiro disco foi editado pola empresa RCA Victor.

Contra a segunda metade do século XX unha das versións d'”A Rianxeira”, que ten por letra a que se canta no último día das festas de Guadalupe, foi popularizada por músicos de Rianxo e de emigrantes na Arxentina e Cuba, mentres que foi nos anos 1950 cando foi creada a orquestración que acadou a aceptación do público grazas ao efecto difusor da radio.

A pesar da súa orixe, o texto non é de carácter relixioso, aínda que se serve da figura metafórica da Virxe para realizar unha evocación á figura da muller galega traballadora do mar.

“A Rianxeira” é cantada con ocasión de celebracións e festividades de carácter privado, costume tamén estendido co éxito dos clubs galegos de fútbol durante os anos 90 nas manifestacións públicas deportivas.