A Deputación de Ourense custodiará os documentos da Asociación “Amigos da República”

Publicidade

A Deputación de Ourense custodiará o arquivo documental da Asociación “Amigos da República” de Ourense. Así o confirmou hoxe o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, logo da reunión que mantivo no Pazo Provincial co responsable desta entidade, David Cortón. Ademais da custodia e o arquivo do material, nun futuro prevese levar a cabo a dixitalización destes fondos documentais “para pór en valor as historias persoais que conteñen os documentos, que resultarán de interese para a historia da nosa provincia, un legado que acollemos co máximo respecto e coa finalidade de poder darlle un axeitado tratamento para que este documentos, que relatan unha importante parte da nosa historia recente, se poidan conservar”, explica Manuel Baltar.