A Xunta mellorará a eficiencia enerxética de 28 centros de saúde de Galicia, entre eles o de Arnoia. o investimento será de 2,5 millóns de euros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Galego de Saúde asinarán un acordo marco para impulsar a iniciativa que busca fomentar o uso das enerxías renovables térmicas en edificios da Administración pública.

A aposta polas renovables permite reducir os custes enerxéticos das empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, podendo dedicar os seus recursos económicos a outros fins.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cando o acordo esté asinado poderase levar a cabo a obra no centro sanitario de Arnoia onde se substituirán os acumuladores eléctricos polo sistema da aerotermia cun custo de 40.000€.