Unha oficiña de asesoramento aos emigrantes venezolanos retornados estará o sábado na Casa do Concello do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Casa do Concello do Carballiño acollerá o vindeiro sábado, 5 de abril, unha oficiña de Información e Asesoría Itinerante, posta en marcha pola Federación Venezolana de Galicia (Fevega) coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, e que está orientada a proporcionar atención aos emigrantes retornados de Venezuela.

Nesta oficiña, cun horario comprendido entre as 10,00 e as 14,00 horas, técnicos da Federación Venezolana de Galicia (Fevega) e un avogado especialista en Estranxería orientarán aos usuarios en trámites como subsidios, asesoría legal, pensions; obradoiros, cursos e seminarios; homologación de títulos, nacionalización, busca de emprego e vivenda, entre outros aspectos.

As persoas interesadas en acudir a este departamento de asesoramento poden facer reserva da súa praza no formulario https://forms.gle/oegXMub7gCtJAn7Y6 de xeito completamente gratuíto.