O PSOE e o BNG de Leiro defenden a súa posición de apoio e posta en valor do Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro

Transurso do Camiño Miñoto Ribeiro.
  • Os socialistas piden que se inclúan as parroquias de Berán e Lebosende dentro do Camiño dada a documentación histórica sobre o percorrido orixinal do mesmo e que transcorría por ditas parroquias, pedindo ó BNG o seu apoio nesta cuestión.
  • Dende a formación do Bloque Nacionalista de Leiro quixeron referenciar que sempre defendimos, defendemos e defenderemos a ruta que enlaza Beade con Pazos de Arenteiro por Berán, Caldas, Lebosende e Viñoa.

O Bloque Nacionalista Galego referencia que desde a formación da nova corporación municipal levaron propostas ao concello para a súa posta en valor e para dotalo da maior importancia posible. Neste sentido, o BNG dstaca que presentaron unha moción de Irmandade entre o concello de Leiro e o de Amares, vinculándoo co carácter termal da parroquia de Berán e do paso do Camiño Xacobeo. Outra das súas iniciativas en prol do Camiño foi que, a través da súa vogal na Entidade Local Menor de Berán presentaron en rexistro varios escritos para que se recoñecese, se defendese e se valorizase esta ruta.

Desde o BNG fan un chamamento ás distintas forzas políticas dos concellos implicados e do propio concello a sumarse á iniciativa de traballar por que este trazado sexa recoñecido pola Xunta de Galicia como Camiño de Santiago.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa parte, o PSOE de Leiro súmase a esta iniciativa mostrando o seu “total aopio” ó Camiño Miñoto Ribeiro por ser unha vía de peregrinación e para poñer en valor o patrimonio cultural, natural e económico deste termo municipal.
Os socialistas súmanse deste xeito a reivindicar unha nova medida en defensa
do patrimonio cultural no municipio, como veñen facendo nos últimos tempos,
propoñendo a mellora e limpeza de pontes históricas na vila como a Ponte das
Poldras ou a Ponte de San Clodio, ou a recuperación de fontes e pilóns en
estado de abandono. “Non podiamos pasar de lado na cuestión do Camiño
Xacobeo Miñoto Ribeiro, cando é parte do noso territorio e debemos darlle o
valor que realmente ten, para recuperar esta ruta oficial a Compostela”, sinala
o voceiro socialista Manuel Rodríguez.
Dende o Grupo Municipal Socialista destacan tamén que o pasado 28 de marzo
de 2019, o Arcebispado de Santiago de Compostela, mediante redacción do
puño e letra do delegado de peregrinacións do cabido da Catedral certificaba
que “de acordo a documentación histórica e actual, o Camiño Miñoto Ribeiro
cumpre as condicións de outros camiños de peregrinación, polo que se procede
a concederlle a Compostela”. Situación que os socialistas “festexan” pois “é o
paso previo a oficialidade dun ben de interese patrimonial para Leiro e as súas
xentes”. Non entenden os socialistas, que a asociación de alcaldes non
contemple o trazado polas parroquias de Berán e Lebosendo, cando cirula polas
mesmas.