A Garda Civil localiza a unha persoa maior desorientada que non regresara ao seu domicilio chegada a noite.

O home podería haberse desorientado como consecuencia dunha demencia senil

Ás 21:15 horas de onte, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico pertencente ao Destacamento de Verín circulaba polo centro urbano da localidade de Verín, cando foron requiridos por unha condutora que manifestou estar a buscar ao seu pai, o cal saíra a pasear durante a tarde e caendo a noite non regresara aínda, descoñecendo o seu posible paradoiro.

AVANTAR ACTIVIDADES
    A muller mostraba un gran nerviosismo e preocupación xa que aínda que habitualmente o seu pai movíase nun radio próximo ao domicilio; tras percorrer a zona non observara rastro do mesmo.

Informou os Axentes de que a persoa desaparecida podería haberse desorientado xa que padecía unha demencia senil tipo Alzheimer.

    Solicitados os datos oportunos, tras unha breve descrición e o dato engadido de que o home debese estar acompañado dun can co que habitualmente paseaba, os Axentes iniciaron a procura. O percorrido inicial levou a cabo polas inmediacións do  rio Támega coa finalidade de asegurar primeiramente as marxes do  rio polo risco de caída ao mesmo. Posteriormente continuouse a procura por estradas adxacentes á localidade tendo en conta que a situación de desamparo fose do centro urbano sería maior. Nesta orde de prioridade os resultados foron positivos localizando ao home desaparecido en menos dunha hora xunto co seu animal de compañía, nunha estrada próxima á localidade de Vilela.

Confirmada a identidade do home púidose constatar o feito de que se atopaba en bo estado aínda que se mostraba acalorado, con claros síntomas de esgotamento e en estado de gran nerviosismo; xa que tras percorrer da orde de 4 quilómetros atopábase afastado da poboación nun lugar de escasa iluminación e sen noción algunha do rumbo para tomar. Reconfortado polos Axentes, estes tentaron contactar telefonicamente coa familia de forma infrutuosa, de modo que foron os propios Axentes quen decidiu trasladar ao home e o seu can ao domicilio familiar, non chegando ao mesmo xa que de camiño atopáronse con familiares que realizaban labores de procura nas inmediacións da zona do Hospital de Verín, sendo entregado a estes en perfectas condicións