O Ribeiro alcanza os 87 casos, con preocupación en Ribadavia, que sobe a 61 casos activos

Publicidade ASPADISI

O Concello de Ribadavia é o que mais preocupa en canto a evolución do coronavirus na comarca do Ribeiro, que hoxe sobe 16 casos ata situarse nos 61. Nos días pasados soubose do incremento por 23 contaxios que pertencen ao brote da Residencia da Terceira Idade. Na noite de onte falecía unha das residentes ingresada no CHUO, unha muller de 87 anos con patoloxías previas.

Castrelo de Miño mantense en nivel amarelo no mapa epidemiolóxico da xunta ao contabilizar 11 casos activos dende o luns.

HIPER MASIDE

Todos os demáis concellos mantéñense ca mesma cifra de contaxios de onte, estabilizando a liña desta última semana. Arnoia conta cun caso activo, igual que Cortegada e Melón. Avión mantén os 3 casos activos, Cenlle os catro casos e Leiro os conco casos. Beade e Carballeda de Avia están libres de coronavirus.