Nota de Prensa da MIT: esgotadas xa as entradas ata o martes

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ten esgotadas xa as entradas ata o martes, para os espectáculos na sesión nocturna das 23:00 h de Fariña de Ainé Producións, “Rebota, rebota y en tu cara explota” de Agnes Mateus e Quim Tarrida e “Hoy puede ser mi gran noche” de Teatro en Vilo.

Por agora, ainda quedan entradas para “Liberto” de Rebordelos Teatro, obra que foi finalista a sete Premios Maria Casares e Premio Butaca ao mellor texto teatral.

AVANTAR ACTIVIDADES

Lembramos que para os espectáculos gratuitos nas demais sesiósn, e por mor as medidas de seguridade polo Covid-19, é necesario recoller invitacións para o seu acceso ao espectáculo, unha hora antes no mesmo lugar da representación.

O horario de venta en oficina da MIT é de 10 :00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 20:30 h, e ademáis dispoñemos de venta online en www.ataquilla.com

Para mais información:

Páxina web: www.mitribadavia.gal

Tamén nas redes sociais da MIT:

@MITRibadavia

Facebook // Twitter // Instagram

email: info@mitribadavia.com

direccion@mitribadavia.com