Un camiño máis que chega a Compostela, o Camiño de Nós

Publicidade ASPADISI
  • Os concellos polos que pasa a ruta de peregrinaxe de literarios galegos en 1926 asociáronse para conseguir que esta alternativa do camiño sexa nomeada como Itinerario Cultural
  • A XII edición da Festa da Palabra, na Insua dos Poetas, conmemora o centenario da revista Nós e presentará o libro Camiño de Nós, un relatario das vivencias durante esa presegrinaxe

VIDEO da PONTE que atravesaron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo Bedia, xusto o lado da Insúa dos Poetas

A posta en valor da cultura galega e do patrimonio cultural, artístico e literario que deixaron numerosos nomes coñecidos ó longo da nosa historia é unha das riquezas que enmarca Galicia. Ademáis da súa obra, os elementos tanxibles do seu recordo, estos eruditos deixaron unha pegada que enriquece cada un dos pasos das xeracións futuras. Unha das mostras deste pasado que hoxe en día teñen unha forza cultural incalculable en Galicia é o Camiño de Santiago, no que máis aló dunha mensaxe relixiosa o caminante percorre algún dos puntos máis emblemáticos galegos. Os escritores galegos do século pasado quixeron poñer a súa aportación cultural a esta ruta, embarcándose nun itinerario alternativo ó orixinal e oficial da Vía da Prata, un percorrido que tentan poner en valor para que non se perdan as súas vivenzas e se enmarque como ruta oficial.

Estos intelectuais son os que formaban a Xeración Nós. O pasado 4 de febreiro de 2020, o xornal El Correo Gallego, do puño e letra de Marina Salgueiro, facíase eco da historia que viviron e do que se quería conseguir co paso dos anos da man dunha asociación creada na comarca do Carballiño. Esta historia, relatada en numerosas ocasión pero á que aínda lle falta saír á luz con máis forza, comeza o  8 de xullo de 1926, Ano Santo compostelán.

HIPER MASIDE

Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo Bedia, todos eles intelectuais que pertencía o que hoxe coñecemos como a Xeración Nós, comezan a súa andadura ca intención de facer o camiño santo, saíndo ás cinco da mañá dende a Ponte Nova de Ourense.

En troques de coller a Vía da Prata, un dos itinerarios oficiais a Santiago, decidiron facer a ruta seguindo outro trazado, un camiño medieval que recolleu o xeógrafo Domingo Fontán na súa cartografía, a Verea Vella ou Camiño dos Arrieiros.

As etapas da súa viaxe

Na primeira etapa pasaron por diversas localidades, como Amoeiro, onde pararon para descansar, continuaron ata Maside e, ó redor das dez da noite, remataron a andaina no Carballiño. Desta viaxe fixeron un diario, no que quedaba rexistrado todo o que ían atopando e as anécdotas e vivencias do camiño, acompañado con fotografías de calidade modesta, tendo en conta o ano no que se atopaban.  As anécdotas que vivieron foron moitas. Unha das que contan esas páxina é cando a  Garda Civil  dálles o alto e pídelles explicacións do que están a facer, un feito que non nos pode extrañar sabendo que nesa época atopábanse en plena dictadura de Primo de Rivera.

A segunda etapa comeza ás seis e media da mañá con dirección a Silleda. Fan unha primeira parada no Pazo de Madarnás para seguir ata O Irixo, onde xantan ao lado da ponte e emprenden o tramo máis difícil do percorrido, a zona montañosa da Dorsal Galega da que teñen que atraverar un tramo, correspondente ó concello de Lalín. Rematan á unha da mañá en Silleda, onde cean e pasan a noite na casa de Trabazo.

Na penúltima etapa, o 10 de xullo, únense Florentino López Cuevillas e Alfonso Vázquez Monjardín para seguir a ruta ata Ponte Ulla. Deixan atrás Chapa, Bandeira, Orazo e Balboa. Xa na derradeira parte da peregrinación saen con dirección ó Pico Sacro, onde os agardaban varios mozos que pertencían ó Seminario de Estudos Galegos, entre eles Lois Tobío, Martínez López, Requejo ou Antonio Fraguas. Dende alí baixan a Compostela por Sergude, A Susana, pasan polo Castiñeiriño, Pontepedriña e, ás 22:00 horas, chegan ó centro de Santiago. Ó día seguinte, reclaman a Compostela porque a norma era percorrer 100 quilómetros, os que hai dende a cidade das Burgas á cidade do Apóstolo. E queda reflectido nos escritos da peregrinación desta maneira: “Como perenne lembranza de iste noso camiñar pol-a terra en precura do San-Yago, gardamos todos, a ‘Compostela’, diploma valioso que ao correr dos anos terá virtud de nos falar sempre dunha das máis groriosas etapas da nosa vida”.

Relatos dunha viaxe

Os intelectuais queren gardar estas vivencias e contalas, e para iso, encárganlle ó compostelán Xavier Pardo Badia, óptico de profesión , que faga unhas crónicas para publicar na revista A Nosa Terra, e que levarán o título de “No Camiño de San-Yago. Vieiros de Fé Vieiros de Ideais”.  Esta historia foi publicada en entregas, que saíron en xullo, novembro e decembro de 1926 e en xaneiro, febreiro e abril de 1927.

A edición XII da Festa da Palabra, evento cultural, artístico e literario celebrado na Insua dos Poetas, en Madarnás, será o epicentro dunha homenaxe a estos intelectuais. Este ano está adicada a conmemorar o centenario da revista Nós. Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, expresou a intenteción dete evento, explicando que “será un acto para pór en valor o legado de persoas como Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Otero Pedrayo e outros destacados intelectuais ourensáns daquela época”.

Moitos anos despois, estos relatos vólvense a recuperar e saírán á luz en formato libro. Na Festa da Palabra tamén se fará unha presentación e entrega do volume Camiño de Nós, unha obra que recompila os relatos desa viaxe e que, ademáis de volumen literio, serve como guía para todos aqueles que queiran seguir os pasos destes literarios de camiño a Compostela. Este eprcorrido pode realizarse en calquera das súas formas a excepción do coche, segundo explica Tosar, e en cada parada pódese observar o mesmo que viron eles, con algún cambios polo paso dos anos.

Asociación Camiño Xeración Nós: a súa meta

A finais de 2019, por iniciativa dos concellos por onde pasaron estes históricos intelectuais galegos, creouse a Asociación Camiño Xeración Nós para recuperar a ruta do mesmo nome. Nesa xuntanza reuníronse no Irixo os alcaldes de Ourense, Amoeiro, Maside,  O Carballiño, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra e Boqueixón, e deciden que haxa un consello asesor integrado tamén polas fundacións dalgúns dos persoeiros que particparon ou estaban detrás desta peregrinación, como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao ou Losada Diéguez e as institucións que se poden atopar nese camiño, como é a Insua dos Poetas. Luis González Tosar, presidente desta última fundación, foi o encargado de recompilar toda a información sobre esta peregrinaxe de membros da Xeración Nós e é asesor de dita asociación. Dela forma parte tamén a Deputación de Ourense, que xa levou ó pleno o 23 de xaneiro deste ano a súa integración nesta asociación, e trasladoulle a iniciativa ás de Pontevedra e A Coruña.

O Obxectivo principal é presentar un proxecto, elaborado por un equipo de técnicos, para que a Consellería de Cultura declare esta ruta como Itinerario Cultural e pioda ser recoñecido tamén como unha variante da Ruta da Prata.

O 4 de febreiro de 2020, o alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, promotor da creación desta organización e presidente da mesma, comentou ó xornal El Correo Gallego que “as xestións xa están moi avanzadas. Toda a documentación xa se presentou na Consellería de Cultura. Os concellos levaron ou están a piques de levar ós plenos a adhesión e o proxecto para a súa aprobación e xa se pediu un presuposto a unha empresa para facer o informe segundo os requisitos técnicos. Nun mes debería estar todo resolto”. En medio desta tramitación ocorreu a situación de estado de alarma causada pola pandemia do coronavirus, o que fixo que esta iniciativa quedara en pausa. Luis González Tosar comentou esta semana que non falta nada para que o procedemento poida continuar, á espera de que a cosellería siga adiente ca declaración.

Patrimonio etnofráfico do Carballiño

O 18 de maio deste ano 2020, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio etnográfico do municipio do Carballiño, e por iniciativa do presidente da Asociación de Veciños de Madarnás, Adolfo Otero, o concello instalou nos arredores sa Insua dos Poetas, xunto ó muíño próximo a este espazo cultural e natural, un panel informativo ca ruta dos muíños do río Pedriña. O panel, que foi deseñado polo biólogo e integrante do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Diego Reboredo, contén información histórica e etnográfica sobre esta ruta dos muíños do río Pedriña, que é un dos principais afluentes do río Arenteiro. Así, describe o conxunto de muíños deste río ao longo dun percorrido de 15 kilómetros, entre a Madalena e Godás do Río, pasando polos concellos do Irixo, Bororás e O Carballiño.

O presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, supervisou a súa colocación, xa que ademáis ten moita relación co camiño de peregrinaxe dos ilustres da Xeración Nós e da historia contada liñas máis arriba, porque está é unha das zonas polas que fixeron o seu percorrido nesta ruta alternativa, ademáis de pasar polo espazo no que hoxe en día está ubicada a Insua dos Poetas, un espazo destinado tamén á posta en valor da cultura, literatura e as artes plásticas.