A “XII Festa da Palabra” estreou o “Auditorio Nós” con música e cultura nun evento que conmemoraba o centenario da revista Nós

A celebración, á que acudiron persoeiros dos ámbitos institucionais, culturais e sociais, así como veciños da contorna da Esgueva, iniciuose trala visita ao Muíño do Medio ou Muíño do Tabú para inauguralo, logo de ser rehabilitado.

Publicidade

VIDEO

O apartado musical estivo a cargo de “Son Trío” e, pola tarde, celebrouse unha romaría literaria amenizada polo grupo “Airiños de Caldelas” e, posteriormente, un recital poético e a actuación musical do grupo “Tor”, que presentou o seu novo disco.

O presidente da Deputación de Ourense participou onte nesta celebración que conmemora o centenario da revista Nós que “alumeou á xeración Nós, berce do pensamento político galeguista”, destacou Manuel Baltar, quen salientou “a emoción” que latexa na Insua dos Poetas a pesar da “terrible pandemia que azouta ó mundo”,

dixo que unha vez máis, “participamos nesta festa persoas de moi diferentes ideas e pareceres que coincidimos nun locus amoenuscoma este, nun ambiente que incita á convivencia, convocados pola palabra, arroupados pola creatividade, lonxe das miserias e preto do espírito que animou a homes e mulleres de xeracións anteriores a dar unha resposta á chamada da terra propia”.

Durante a celebración tamén se presentou o libro Camiño de Nós da man de César Lorenzo Gil, de Aira Edicións, quen agradeceu o apoio da Deputación de Ourense “para poder compoñer este libro que, ademais dos textos de Xavier Pardo, conta coas fotografías de Xulio Gil, coas acuarelas de Isabell Seidel e cos debuxos de Miguel Robledo”. 

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, dixo que coa celebración da Festa da Palabra “levamos 12 anos recoñecendo o mellor de nós, a nosa lingua, a nosa cultura e tamén en certa medida a nosa forma de ser”, engadindo que esta edición é “a máis necesaria e importante” desde que se fundou.

Na celebración entregáronse os premios “Insua dos Poetas” 2020: na categoría de Literatura á profesora e escritora Pilar García Negro; na categoría de Emigración a Regina Jallas; na categoría de Acción Social á Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña; na categoría de Música a Ses; na categoría de Audiovisual ao Cineclub Carballiño; na categoría de Comunicación a Xosé Manuel Piñeiro; e o premio especial ao Traballo sociosanitario con enfermos de Covid-19 foi para as traballadoras e traballadores sanitarios da Residencia Integrada dos Milagros, Baños de Molgas.

Na edición de 2021, a Festa da Palabra homenaxeará “aos seis poemas en lingua galega que fixo o gran poeta Federico García Lorca”, anunciou Luís González Tosar

  • o conselleiro de Medio Rural, José González;
  • o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega;
  • e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar