Dende a formación do Bloque Nacionalista Galego mostraron o seu malestar despoios de que se dera a coñecer o resultado das autorización para a superficie de plantación de viñas por parte da consellería de Medio Rural para o ano próximo. Os datos destas concesións amosan que o Ribeiro será unha das Denominacións de Orixe que menos espazo novo de cultivo terán no 2021.
Segundo comenta a formación “O Ribeiro séguese dirixindo cara a insignificancia, a realidade desmite a proclamada aposta do PP polo interior e equilibrio territorial” ademáis de mostrar o seu descontento polo que chaman a “propaganda” das aldeas modelo, tan coñecidas nos últimos meses.
Segundo o BNG, os estudos socioeconómicos e enoturísticos do Ribeiro permancen gardados, afirmando que só se fixo una mera presentación da situación actual, e critican que non exista acceso público ao seu contido logo de gastarse máis de 40.000€.