O Carballiño baixa hoxe un caso de Covid-19, situándose en 31 casos activos

coronavirus

O Concello do Carballiño baixa hoxe os casos activos nunha persoa, ata situarse nos 31, sen apenas grandes cambios dende os últimos tres días. Isto quere dicir que hoxe as altas son maiores ca os contaxios novos. A comarca mantén os datos totais, con 52 persoas.

O resto de concellos da comarca presentan unha situación bastante estable. Baixa tamén o concello de Piñor, que pasa dos 5 de onte ós 4 de hoxe. Os demais presentan as mesmas cifras. Beariz conta con 2 casos activos; Boborás conta con 7 casos; O Irixo mantén estables os 3 casos dende a semana pasada; Maside e Punxín están a piques de librarse da Covid, con un caso cada un deles. San Cristovo de Cea conta con 3 casos activos e San Amaro está libre da Covid, sen ningún caso.

AVANTAR ACTIVIDADES