Veciños de Mesego quéixanse da presenza de ratas que proveñen dunha casa abandonada e critican a falta de resposta da administración local

Varios veciños de Mesego queixanse pola proliferación de ratas de gran tamaño asegurando que proveñen dunha casa na que se acumulan materiais e basura.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Aseguran que xa se puxeron en contacto co concello do Carballiño e que, ante a pasividade de tomar medidas ó respecto alegando que é unha propiedade privada, acudiron á Xunta de Galicia, que lles recomendou presentar un escrito no rexistro da administración local. Se pasados uns días seguen sen obter resposta, volverán a contactar coa entidade autonómica para ver cal sería o seguinte paso.

Unha das afectadas, cuxa vivenda está xusto diante do que seguran que é o foco de onde nacen as ratas, amosa a súa preocupación por vivir así, con medo e coa falta de hixiene que esto conleva.