No concello de Cenlle: Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal de 4 peóns/as forestais

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 26/05/2023:

  1. Número e denominación das prazas: catro postos de traballo de peón/peoa forestal para a realización do expediente de subvención do Fondo de Compensación Ambiental, xestión compartida (limpeza da ruta de sendeirismo a San Trocado).
  2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, por circunstancias da produción, a xornada completa.
  3. Duración do contrato: 90 días.
  4. Sistema de selección: concurso de méritos.
  5. Retribucións totais: 1.260 €/mes (incluída pppe).
  6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro do
    Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
  7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal