A Asociación XUCA cumple un ano dende o seu nacemento

A asociación Xuca (Xuventude Unida polo Carballiño) cumpre 365 días dende que comenzou a andar. Neste ano déronlle pulo a algún temas nos que atopaban deficiencias no Carballiño, temas como a casa de Xuventude, a incansable loita por un transporte digno e de calidade, o apoio forte e masivo aos xovenes estudantes da vila, reivindicacións varias de espazos públicos que unha vila como CARBALLIÑO merece como por exemplo as pistas de tennis, e outros moitos temas que día a día está asociación intenta estar ao carón de todo aquel que pode precisar axuda.

Ademáis de todo, dende a asociación aseguran que  un dos seus puntos fundamentais de traballo é tentar transmitir unha serie de valores e de actitudes que conseguen un mundo mellor: coma o respeto ao medio ambiente, a loita pola igualdade de xenero, estar en contra de ataques racistas, xenófobos ou de outra índole e sobre todo en tiempos de covid de responsabilidade e compromiso

AVANTAR ACTIVIDADES

XUCA agarda un futuro prometedor para o Carballiño, pero aseguran que hai moitas carencias que ca loita de todos pódense mellorar.