A Axencia de Doación de Sangue pide doazón dos grupos A e B positivos e 0 negativo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado a participación de toda a cidadanía na campaña de doazón de sangue Verán 2020 e, moi especialmente aos grupos A positivo, B positivo e O negativo. ADOS lembra que as datas inmediatamente anteriores e posteriores ás festividades que coinciden coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

ADOS lembra que, mensualmente, os nosos hospitais precisan ao redor de 10.000 doazóns de sangue, cifra que non diminúe no verán, pola contra, o período estival ofrece dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, especialmente pola deslocalización dos doadores e doadoras.

A dirección de ADOS convida aos galegos e galegas a continuar amosando a súa xenerosidade e solidariedade e, aínda que nestes días precísanse aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos, recalca especial mención do Cero negativo.

Facilitar a participación


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

DATALUGAR
xoves 23 xulloMonfero, Ordes, Cantón, Padrón, A Ramallosa, Os Tilos, Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Palas de Rei, Castroverde, Ourense, Carballeda de Avia e Avión
venres 24 de xulloMeiras, Monelos, Cantón-Obelisco Rianxo, Carril, Vilagarcía, Salceda de Caselas, Praza da Horta (Lugo) e Rúa do Paseo (Ourense)

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar nos locais existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGARHORARIO
Hospital Clínico Universitario de SantiagoLuns a venres das 08:00 ás 22 horassábado das 08:00 as 15:00 horas
Hospital Universitario da CoruñaLuns a venres das 08:00 ás 22:00 horassábado das 08:00 as 15:00 horas
Hospital Arquitecto Marcide FerrolLuns a venres das 08:00 ás 22 horasmartes, mércores e xoves das 15:00 as 22:00 horas
Hospital Lucus AugustiLuns a venres das 08:00 ás 22 horasmartes, mércores e xoves das 15:00 as 22:00 horas
Hospital Universitario de OurenseLuns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
Hospital Provincial de PontevedraLuns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
Hospital Nicolás PeñaLuns a venres das 08:00 ás 22:00 horassábado das 08:00 as 15:00 horas

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

Para máis información, ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais. e tamén a posibilidade de chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828. ADOS lembra que, aínda que pódese acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.
 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------