Galicia supera en turistas a Canarias e Baleares este mes

Natural Roman baths outdoors with hot steam and thermal water. Old roman hot springs open air spa and hot natural thermal water in small pools and stone bathtubs. Aquis Querquennis Bande Galicia Spain
IES CHAMOSO LAMAS
  • Na comparativa interanual, a Comunidade cae oito puntos menos que o conxunto de España, e medra de 5.000 viaxeiros en maio a 57.000 en xuño
  • Na actual difícil situación, a actividade turística reactívase progresivamente como demostra o número de hoteis abertos, que pasa de 225 en maio a 630 en xuño

Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño, por riba de destinos como Canarias ou Baleares, grazas a que o sector está a resistir mellor que a media española. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira.

Segundo o INE, os establecementos hoteleiros galego recibiron un total de 56.875 turistas que fixeron 115.952 pernoitas. A Comunidade sitúase así como a quinta con mellores rexistros, por diante da súa posición habitual. Na comparativa interanual, a demanda en Galicia baixou un 86,7%, oito puntos menos que a media española, que caeu un 95%.

HIPER MASIDE

O comportamento dos viaxeiros neste mes amosa, ademais, un aumento do tempo que deciden permanecer en Galicia xa que a estadía media medrou un 7,6%. Ademais, a nivel de mercado, obsérvase un destacado comportamento do turismo de proximidade, xa que o mercado interno absorbe case a metade das noites hoteleiras de xuño, cando o ano pasado representaba só o 22% do total.

Desde o pasado mes de maio, coincidindo co progresivo levantamento das limitacións de mobilidade, a actividade turística en Galicia está a dar os seus primeiros síntomas de reactivación. Ademais das cifras de turistas, tamén o demostra o feito de que cada vez son máis os negocios hoteleiros que abren as súas portas. En maio reanudaron a súa actividade 225 establecementos hoteleiros, fronte aos 630 que o fixeron en xuño. Isto conlevou, un notable crecemento do número de viaxeiros pasando de 5.019 de maio a 56.875 en xuño.