Un equipo de 230 persoas é o responsable de levar cada día a danza e a música dos seis países por distintas vilas da provincia ourensá

Entrimo e Xinzo de Limia serán esta tarde os puntos de encontro entre as Xornadas de Folclore e o seus seguidores. Será a penúltima cita na que as agrupacións actuarán en dúas localidades diferentes. Hoxe serán Castro Caldelas e Verín os anfitrións dos grupos participantes nesta edición

Ourense, 14 de Agosto de 2023.- Ecuador, Sudáfrica e Arxentina viaxaron onte ata a Alameda de Entrimo, e os grupos de Bolivia, Tahití e Ucraína actuaron na Praza Maior de Verín. Ambas citas ás 20.30 horas. O éxito destas XXXVIII Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, é posible gracias a labor dun gran equipo formado por preto de 230 persoas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os grupos suman en total 180 participantes, entre os que se atopan os músicos e cantores  que acompañan aos vistosos corpos de baile para poder ofrecer ao público números únicos das tradicións que están a recuperar. Ás agrupacións folclóricas súmanse os membros dos equipos de son e montaxe, da propia organización e os 14 guías a disposición dos elencos artísticos. Máis de 200 persoas traballan cada día para montar o gran escenario das Xornadas.

A comida, o apoio dos guías e a calidade do aloxamento son tres cousas que os participantes nas xornadas destacan de maneira especial. Explican que nas xiras internacionais nas que participan “non é tan habitual o trato tan coidado como o que recibimos en Ourense” e agradecen aos organizadores a labor desenrolada.

Hoxe, 14 de agosto: Castro Caldelas e Verín

Castro Caldelas e Verín serán as últimas vilas da provincia que acollerán ás seis agrupacións folclóricas divididas en dous grupos diferentes. Nos seis días de actuacións que levan as Xornadas de Folclore, o público de cada vila disfrutou dun espectáculo único, xa que os responsables das formacións artísticas realizaron cambios nos programas para evitar a repetición.

As agrupacións Tungurahua, de Ecuador; Amezebra, de Sudáfrica e o Ballet Folclórico Latinoamericano Santiago del Estero, de Arxentina actuarán hoxe, día 14, na Praza Maior de Verín, ás 22,30 horas.

Na Praza do Prado de Castro Caldelas o espectáculo folclórico estará representado polas agrupacións folclóricas de Bolivia (Bafopaz), Tahití (Hei Show “Ori) e Ucraína (Poltava). Será ás 22,30 horas.