Maside efectuará un cambio de alumeado en varias zonas do municipio

O concello fai públicos os dous proxectos de  aforro e eficiencia enerxética na iluminación pública. O primeiro deles será nas zonas de Barro Outeiro, rúa Principal, rúa A Touza e arredores de Maside, por un importe de cento cincuenta e catro mil douscentos oitenta euros (154.280,08 €). O segundo deles afectará ás zonas da Carreira, A Eirexa, O Trevoedo, Mundín, Negrelle, Piñeiro, Santa Comba e Louredo, por un importe de cento trinta mil oitocentos noventa e nove euros(130.899,30 €). Ambos están redactados polo enxeñeiro técnico industrial, don Jorge Sequeiros Pereira