Constituida la Mesa de Calidad del Destino SICTED “Ourense Termal”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O voceiro do grupo provincial do BNG non comparte a valoración de “vaso cheo” que transmitiu o grupo de goberno do Partido Popular na Deputación de Ourense no debate do estado da provincia de hoxe, pola contra, Bernardo Varela valora a situación provincial como a dunha provincia que permanece nun estado semicomatoso, cunha baixada de poboación de máis de 30.000 habitantes nos últimos 10 anos, un 10% da poboación total e cun avellentamento poboacional que nos leva a ser a provincia cun maior grado de idade de todo o Estado español.

 En canto ás propostas do grupo de goberno, analiza Varela, son proposta descafeinadas sen ambición que fan perpetuar esta situación actual e sen ir máis aló. “Non semella que as solucións aos problemas que padece a provincia pasen por facer máis congresos e máis películas porén  semella que iso é o que busca o grupo de goberno, converter esto nun plató do Partido Popular no que os cidadáns de Ourense non sexan os protagonistas”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por parte do Bloque Nacionalista Galego trasladamos unha serie de iniciativas, entre as cales encadramos, coma sempre, a necesidade dun reparto xusto de fondos provinciais entre todos os concellos da provincia,  e tamén a necesidade de que a explosión que está a ter o sector eólico sexa por un lado regulada cun aproveitamento sostíbel a nivel medioambiental e tamén económico que reverta  especialmente na sociedade ourensá, “non pode ser que veñan de fora, se leven a enerxía que produce  o noso vento, que nos deixen os impactos medioambientais para nós e sen apenas ningún tipo de beneficio para os que aquí residimos.” Nestes punto non fomos quen de chegar a un acordo para que a deputación se pronunciase ao respecto. 

Si se conseguiu un acordo para demandar unha tarifa eléctrica reducida para o alumeado público ou ben propostas como a necesidade dunha articulación do territorio baseada nun transporte público de calidade tanto por estrada como por ferrocarril. 

Agardamos que para o vindeiro debate do estado da provincia, se o hai o ano que ven, di o voceiro do grupo provincial, as tornas teñan cambiado e outras políticas sexan protagonizadas desde o grupo de goberno da Deputación provincial, que agardamos non sexa liderada polo PP, senón que a cidadanía entenda que necesario ese cambio que axude a que Ourense, con todo o seu potencial, saia adiante e transforme esta economía que agora nos leva ao fondo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------