Música e teatro no programa cultural deste fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe xoves, día 30, continúa o cine na rúa a proxección da película de animación La Gallina Turuleca. A rúa Aldara quedará cortada ao tráfico este xoves, 30 de xullo, entre a praza do Cercis e o concello, das 18,00 ata a 01,00 h., pola montaxe para a proxección da película infantil. A proxección terá lugar ás 22,30 h., na Praza Maior, e obliga a pechar ao tráfico o tramo da rúa Aldara entre a praza do Cercis e o concello, debendo usarse a ruta alternativa da rúa Caridade. Así mesmo, a parte central e inferior da Praza Maior quedarán acotadas para instalar as sillas, que se colocarán a 1,5 metros de distancia cada unha co obxectivo de gardar as medidas de separación previstas na normativa de prevención e seguridade polo covid 19. Será obrigatorio o uso de marcarilla para acceder ao recinto e haberá un dispensador de xel á entrada para lavar as mans. O acceso ao recinto para asistir á proxección será ás 22,15 h.

O venres, 31, o espectáculo infantil Voa, voa, e o festival de música folk con dous concertos de Caldo e Isidro Vidal. O sábado, 1 de agosto, actuación do pallaso Peter Punk e do Mago Teto, Charlatana con “Peter Punk Chungo que te cagas e o domingo, Os monicreques do Kukas co “Encoro enmeigado nas Fragas do Eume” e o concerto infantil de Xoán Curiel.

COMERCIAL ORCELLÓN

Diego Fernández destacou o bo comportamento do público nos actos culturais que se teñen celebrado ata agora, e expresou o seu desexo de que se poda continuar na mesma línea, dinamizando a vida cultural do Carballiño cumprindo a normativa de separación e seguridade polo cornavirus.

E ademáis, no que atinxe á hostelería local e a destilería Paniagua promoven unha ruta do vermut Povarelo esta fin de semana con premios para os consumidores e locais. Co obxectivo de reactivar a economía local neste período de crise polo covid 19, a hostalería e a destilería Paniagua colaboran na iniciativa de crear unha ruta do vermut Povarelo, que terá lugar do 24 ao 26 de xullo e do 31 de xullo ao 2 de agosto. Trinta e seis locais hostaleiros participan neste evento, no que xunto co vermut servirase unha tapa elaborada con queixo Palo Santo.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------