A pequena comunidade de veciños desta zona rexistrou un escrito no Concello do Carballiño para facer presión ante a situación de abando na que aseguran que se atopa o seu pobo. Asegura que como espazo de rural está totalmente abandoado, tendo incluso problemas para recibir señal de televisión.
Unha das súas últimas reclamación é o estado do camiño dos Arrieiros, que pasa directamente por diante das súas casas. Critican o perigo de varias árbores caídas que o concello asegurou que ía retirar e aínda non o fixeron. Asrguran que eles mesmos tiveron que facer labores de desbroce e limpeza do camiño que leva ata a fonte, un dos máis utilizados e que estaba en mal estado a causa das chuvias do inverno.
Os veciños aseguran que as obras realizadas no camiño dos Arrieiros, que custaron 1,4 millóns de euros, foron unha perda diñeiro, pois dende entón non se realizou o mantemento constante que esixen. Ademáis, recalcan que non se pode facer publicidade dunha zona que está neste estado.
No escrito presentado reclaman a limpeza da zona e a retirada das árbores caídas, aínda que seguindo o proceso burocrático, consideran que non se faría efectivo, con sorte, ata dentro de mes e medio.