Galicia suma tres meses consecutivos descendendo a cifra de paro

Un período no que xa se logrou recuperar o 64% do emprego destruído nos meses de marzo e abril debido á crise da covid-19. As afiliacións medran tamén por terceiro mes consecutivo e Galicia logra superar, de novo, o millón de cotizantes.

En Galicia diminúe o desemprego en xullo nun 5,06% con respecto ao mes de xuño, o que supón 9.343 persoas menos no paro (300 persoas ao día)  e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Actualmente situase en 175.311 a cifra de demandantes Este dato sitúa Galicia como a terceira Comunidade -en termos relativos- na que máis se reducen as cifras do paro, superando en preto de tres puntos a baixada a nivel nacional.

Galicia volve reducir as cifras do paro en todos os sectores de actividade encabezando este descenso os servizos (-5,90%), seguidos da construción (-5,49%), a industria (-4,82%) e a agricultura e a pesca (-3,60%). 

Publicidade Premer na Imaxe

En canto a Ourense, a cifra de desempregados descendeu dende os 9.926 de xuño ós 9.776, máis de 200 persoas. No Carballiño pasamos de 1.721 persoas paradas a 1.650, un total de 71 persoas menos, e no Ribeiro, pasouse dos 921 desempregados ós 889, un descenso de 32 persoas.

En canto ás afiliacións, medran en xullo. Galicia suma 19.026 cotizantes -a un ritmo de máis de 600 ao día- e sitúase nos 1.005.668 afiliados.

ResponderReenviar